Despois dun primeiro Congreso, que consideramos foi un éxito, cumprimos a nosa promesa de facelo bianual e, ainda que un pouco máis tarde do desexado, voltamos con forzas renovadas para organizar este 2º Congreso Galego de Adopción.
En MANAIA seguimos pensando que a mellor maneira de axudar ás nosas nenas e nenos, presentes e futuros, segue a ser o compromiso coa información veraz e a formación de calidade para todas as persoas que, nalgunha medida, nos enfrontamos ao reto de ofrecerlles un mundo mellor.
Este ano, cheo de cambios na asociación, queremos reflexionar sobre as expectativas xeradas arredor do eido adoptivo e confrontalas coas realidades que, tanto as nenas e nenos como as familias e os técnicos e profesionais, atopamos no noso día a día. As administracións, os servizos sociais, a escola e a sociedade en xeral teñen que coñecer estas realidades para mellorar o xeito no que actúan, de forma que a adopción se convirta realmente nunha verdadeira medida de protección á infancia.
Repetimos o deseño do congreso cun formato dinámico e unha temática diversa, pensando, non tanto en ofrecer solucións concretas, senón en xerar reflexión respecto da figura da adopción.
Grazas a todas e cada unha das persoas que o facedes posible, especialmente ás socias e socios de MANAIA, sen as cales este congreso continuaría a ser unha utopía.
Agora só queda invitarvos a participar.