Xa tedes á vosa disposición todos os vídeos das intervencións no 2º Congreso Galego de Adopción. Para velos, tedes que premer aquí.
Rematado o 2º Congreso Galego de Adopción
Cunha afluencia de persoas inscritas superior á do primeiro Congreso, desde a organización consideramos este segundo un éxito e queremos dar as grazas a toda a xente que asistiu tanto como relator ou relatora ou interesadxs asistentes.
En cando poidamos colgaremos por aquí a ligazón aos vídeos e das diferentes seccións e intervencións.
A ludoteca do 2º Congreso Galego de Adopción énchese de Cultura Urbana.
A Asociación Cultural Black Box Project organízanos dous obradoiros, un de mañá e outro de tarde, cheos de hip hop, rap, break dance, beatbox…
Coñece máis de Black Box Project na súa páxina de Facebook.
Obradoiro voluntario para adolescentes (a partir de 12 anos) na ludoteca do 2º Congreso Galego de adopción
Sábado 16 ás 16:00 horas. Os nenos e nenas que participen han de estar inscritos na ludoteca.
Compartindo a miña historia
Laura Heckel. Adoptada adulta que xa fixo a súa busca de orixes. Socia co-fundadora de La Voz de los Adoptados.
Laura participou de xeito voluntario en obradoiros, campamentos con nenas, nenos e adolescentes adoptados, e outras actividades en Segovia, Valladolid, Madrid… sempre compartindo desde o seu punto de vista como adoptada a súa experiencia persoal. Nesta ocasión, xa convertida en nai, quere compartir cas rapazes e rapaces a súa experiencia e charlar con eles de forma moi informal sobre as dúbidas, medos e anécdotas que lle pasaron como adoptada de orixe colombiana. A experiencia dinos que as persoas adolescentes adoptadas ábrense e comparten dunha forma moi distinta as súas vivencias e sentimentos se o adulto que teñen diante é adoptado e viviu cousas parecidas a eles.
“Estes obradoiros coas nenas, nenos e adolescentes, son a razón pola que levo oito anos traballando voluntariamente e compartindo a miña historia, son impagables eses momentos compartidos e as aprendizaxes que eu obteño con eles. É impagable ver as súas caras e como buscan esa complicidade.”
Laura estará acompañada por Xabier, adoptado adulto, Secretario de La Voz de los Adoptados e socio de MANAIA.
O falado polos nenos e nenas neste obradoiro será tratado de xeito confidencial e non transcenderá a reunión.
Voltamos co 2º Congreso Galego de Adopción
Xa estamos aquí!!!
Custou pero por fin vos presentamos o 2º Congreso Galego de Adopción. Deixámosvos aquí o cartel en JPEG e tamén en PDF e animámosvos a participar e a darlle toda a difusión que poidades.
No menú de enriba atoparedes información sobre o programa, inscrición, relatoras e tamén podedes ver á dereita información sobre a xuntanza de familias adoptivas.
Ficarán por aquí aínda as noticias do 1º Congreso Galego de Adopción e iremos publicando algunhas novas máis.
Un saúdo.
Vídeos do Congreso
Xa tedes á vosa disposición todos os vídeos das intervencións no I Congreso Galego de Adopción. Para velos, tedes que premer aquí.
Rematado o Congreso Galego de Adopción
Esta fin de semana tivo lugar o Congreso Galego de Adopción no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén tivo lugar o domingo a Xuntanza para familias adoptantes. Queremos dar as grazas a todas as persoas que asistiron, ás relatoras e ás que axudaron a facelo posible, en especial a Manaia.
Rematado o prazo para a inscrición anticipada
Desafortunadamente pasou o prazo da inscrición anticipada. Os prezos a partir de hoxe están incrementados respecto á inscrición anticipada en aproximadamente 20€. Quedan como segue:
- Venres e sábado 70€
- Venres e sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas) 50€
- Só sábado 40€
- Só sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas) 20€
Podedes facer a inscrición no formulario web do congreso.
Lembrámosvos tamén que segue aberta a inscrición para a xuntanza do domingo 31, á que podedes apuntarvos aquí.
Finalización da inscrición anticipada este venres
Este venres ás 23:59 finaliza o periodo de inscrición anticipada no Congreso Galego de Adopción. A partir do sábado 16 ata o 28 de maio os prezos incrementaranse aproximadamente 20€ e serán os seguintes:
- Venres e sábado: 70€
- Venres e sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas): 50€
- Só sábado: 40€
- Só sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas): 20€
Aínda estades a tempo de apuntarvos. Podedes facelo na sección de inscrición desta web do Congreso.
Rolda de prensa
O 12 de maio tivemos a rolda de de prensa sobre o Congreso na Casa Azul de Pontevedra. Isto deunos eco nos medios cos seguintes titulares: